¡Benvid@s á Biblioteca do CMUS profesional de música de Vigo!

Non dubides en vir visitala. A parte dun entorno moi acolledor, todos os libros e partituras que atoparás nela son moi interesantes.

¡Un lugar ideal para pasar as horas mortas entre clase e clase!

20/1/15

ESCOITAS ESCOLLIDAS#3

Para a nosa nova entrega das "escoitas", é o profesor de Harmonía Ángel Montes quen nos propón non un concerto, se non unha conferencia (ou conferencia-concerto e moitas cousas máis) . O compositor Mark Applebaum, preguntáse que é a música, cheo de humor, instrumentos insólitos e novas sonoridades. Non vos perdades estes quince minutos apaixonantes...