¡Benvid@s á Biblioteca do CMUS profesional de música de Vigo!

Non dubides en vir visitala. A parte dun entorno moi acolledor, todos os libros e partituras que atoparás nela son moi interesantes.

¡Un lugar ideal para pasar as horas mortas entre clase e clase!

11/10/17

CLUB ENXEÑAR

Club de lectura, escritura e interpretación do Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

Anímate a formar parte de ENXEÑAR.

Os venres de 16h a 17h, con representación teatro musical durante a semana das letras galegas. 

Anótate no enderezo electrónico biblioconservigo@gmail.com, poñendo no asunto "club.enxeñar", ou a través da profesora de Linguaxe Musical, Gloria Rodríguez Gil na aula B4.

 O club enxeñar, que cumplirá 5 anos, investigará neste curso sobre a música do século XX, para crear un guión teatro musical que será representado no auditorio do conservatorio durante a semana das letras galegas, tendo en conta cuestións como son a escenografía, vestiario, proxección de voz, etc.

 A primeira reunión do club terá lugar o venres 27 de Outubro ás 16h na aula C16, e comezará a traballar en equipo o venres 3 de Novembro ás 16h na biblioteca do centro.

 O venres 20 de Outubro ás 16h proxectaráse na biblioteca a IV mostra de teatro musical, para que as persoas interesadas poidan facerse unha idea de cal é o traballo do club.

 Anímate a participar para empregar o teu enxeño, agardámosche!!