Club de lectura, escritura e interpretación do Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
Anímate a formar parte de ENXEÑAR.
Os venres de 16h a 17h, con representación teatro musical durante a semana das letras galegas.
Anótate no enderezo electrónico biblioconservigo@gmail.com, poñendo no asunto "club.enxeñar", ou a través da profesora de Linguaxe Musical, Gloria Rodríguez Gil na aula B4.
O club enxeñar, que cumplirá 5 anos, investigará neste curso sobre a música do século XX, para crear un guión teatro musical que será representado no auditorio do conservatorio durante a semana das letras galegas, tendo en conta cuestións como son a escenografía, vestiario, proxección de voz, etc.
A primeira reunión do club terá lugar o venres 27 de Outubro ás 16h na aula C16, e comezará a traballar en equipo o venres 3 de Novembro ás 16h na biblioteca do centro.
O venres 20 de Outubro ás 16h proxectaráse na biblioteca a IV mostra de teatro musical, para que as persoas interesadas poidan facerse unha idea de cal é o traballo do club.
Anímate a participar para empregar o teu enxeño, agardámosche!!
Biblioteca do CMUS Profesional de Vigo
¡Benvid@s á Biblioteca do CMUS profesional de música de Vigo!
Non dubides en vir visitala. A parte dun entorno moi acolledor, todos os libros e partituras que atoparás nela son moi interesantes.
¡Un lugar ideal para pasar as horas mortas entre clase e clase!
11/10/17
15/4/16
Un centenario musical
O vindeiro mércores 20 de Abril celebramos o centenario de Cervantes e Shakespeare cunha conferencia de José Ángel Vilas e un concerto de alumnas e alumnos do centro. NON FALTES!!!
1/10/15
Horario Biblio
HORARIO DE BIBLIOTECA CURSO 2015/2016 |
|||||
Hora |
Luns |
Martes |
Mércores |
Xoves |
Venres |
9-10 | |||||
10-11 | |||||
11-12 | |||||
12-13 | |||||
13-14 | |||||
15-16 | |||||
16-17 | |||||
17-18 | |||||
18-19 | |||||
19-20 | |||||
20-21 |
Biblioteca aberta
Biblioteca aberta sen préstamo
Biblioteca pechada
20/1/15
ESCOITAS ESCOLLIDAS#3
Para a nosa nova entrega das "escoitas", é o profesor de Harmonía Ángel Montes quen nos propón non un concerto, se non unha conferencia (ou conferencia-concerto e moitas cousas máis) . O compositor Mark Applebaum, preguntáse que é a música, cheo de humor, instrumentos insólitos e novas sonoridades. Non vos perdades estes quince minutos apaixonantes...
27/5/14
MUSICAIS REPRESENTADOS
Na primeira semana de xuño, o alumnado de 1ºC D E e 2ºA B, vai representar as súas versións dos seguintes musicais:
- Luns 2 ás 17:30 Rei León (1ºC)
- Luns 2 ás 19 West side Story (1ºD)
- Luns 2 ás 20:30 Pantasma da ópera (2ºA)
- Martes 3 ás 17 Miserables (2ºB)
- Martes 3 ás 18:30 Annie (1ºE)
- Mércores 4 ás 17 Rei León
- Mércores 4 ás 18:30 West side Story
- Mércores 4 ás 20 Pantasma da ópera
- Xoves 5 ás 16:30 Miserables
- Xoves 3 ás 18 Annie
Dous pases de cada un, así que non volo podedes perder. Esperamos que vos gusten!!
16/5/14
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Mañá celébrase o día das letras galegas, que no conservatorio ocupou toda a semana cunha morea de actividades. Tal vez sexa o día indicado para repousarse un pouco, coller un bon libro (pode ter sido un dos que pediras prestado na nosa biblioteca) e disfrutar da súa lectura.
12/5/14
I MOSTRA TEATRAL-MUSICAL DO CLUBE ENXEÑAR
Un grupo de alumnas e alumnos de Linguaxe musical, crearon hai xa uns meses un grupo de lectura, escritura e interpretación no conservatorio chamado "ENXEÑAR".
O próximo mércores 14 de Maio ás 21 horas, teremos oportunidade de ver na biblioteca o resultado dos seus "enxeños". Unha obra de teatro musical (dirixida musicalmente pola profesora Ana Vaqueiro e teatralmente pola profesora Gloria Rodríguez), sobre a vida de J. S. Bach e que terá as seguintes personaxes:
O próximo mércores 14 de Maio ás 21 horas, teremos oportunidade de ver na biblioteca o resultado dos seus "enxeños". Unha obra de teatro musical (dirixida musicalmente pola profesora Ana Vaqueiro e teatralmente pola profesora Gloria Rodríguez), sobre a vida de J. S. Bach e que terá as seguintes personaxes:
- Elisabeth Juliane Friederica (filla de J.S.Bach)+Johann Christoph (irman de J.S.Bach): Andrea Fernández Couto (1ºoboe)
- J.S.Bach: Teresa Álvarez Prado (2ºviolín)
- J.Ambrosius(pai de J.S.Bach)+J.F.Händell: Ruth Jones Vaqueiro (2ºviolonchelo)
- Anxo que toca+Oculista español fictício: Marta Valtierra Pérez (1ºcontrabaixo)
- Narrador+A.Vivaldi: Marta Taboada Pérez (2ºviolín)
- Ana Magdalena Bach: Jimena Cabrera Álvarez (2ºpiano)
- Johanna Carolina (filla de J.S.Bach)+cantante de Ave María: Silvia Taboada Pérez (2ºpiano)
- Wilhelm Friedeman (fillo de J.S.Bach)+comentarista espontáneo: Mario Otero Padín (2ºpercusión)
Unha estrea mundial, así que non a podedes perder!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)