¡Benvid@s á Biblioteca do CMUS profesional de música de Vigo!

Non dubides en vir visitala. A parte dun entorno moi acolledor, todos os libros e partituras que atoparás nela son moi interesantes.

¡Un lugar ideal para pasar as horas mortas entre clase e clase!

15/12/13

FELICES ESCOITAS

Aquí tedes un pequeno video de nadal.


Preme na imaxen para ver o video



Este vídeo foi posible grazas ás seguintes persoas (por orde alfabética):
- Teresa Álvarez (cartel)
- Gonzalo Álvarez, Héctor Bazo, Raquel del Caño, Irene Carballo, Lydia Lorenzo, Aldara Vila e Pedro Villanueva (conxunto de clarinetes)
- Felipe González (gravación sonora de clarinetes)
- Ruth Jones (actriz principal e violonchelista)
- Livia Leal (voz)
- Antonio Rodríguez (gravación sonora de voz e violonchelo)
- Gloria Rodríguez (guión e dirección)
- Marta Sancho (dirección musical do conxunto de clarinetes)

- Ana Vaqueiro (gravación de imaxe e montaxe)
A banda sonora pertence a Zymiolak (epopeja wandalska)
a todas elas GRAZAS!

3/12/13

DEVÓLVEOS AO SEU LUGAR

Este cartel da alumna Jimena Cabrera, é unha boa indicación do que hai facer cos libros e discos que utilizamos na biblioteca. Así os seguintes usuarios e usuarias terán máis fácil atopar o que buscan. Non vos esquezades.

11/11/13

DITADOS NA BIBLIOTECA

Tes un momento libre? Nada máis divertido que pasarte pola biblio e facer algún que outro ditado. Aquí vai a lista que propón o departamento de Linguaxe musical para o mes de novembro.


1ºelemental: nº7, 8, 9 e 10 melódicos + nº37 e 39 rítmicos (libro de dictados 1 de Enclave Creativa, estantería 7-126)
2ºelemental: nº4, 13 e 14 rítmicos + nº5 e 7 melódicos  (libro de dictados 2 de Enclave Creativa, estantería 7-126)
                     nº65, 66 e 87 para reforzar lam (libro de dictados 1 de Enclave Creativa, estantería 7-126)
                     nº83 e 86 para reforzar doM (libro de dictados 1 de Enclave Creativa, estantería 7-126)
                     nº29, 30, 31, 32, 33, 34, 35 e 36 para a diferenciación de I-V (libro de dictados 1 de Enclave Creativa)
3ºelemental: nº55, 56, 57, 58, 67 e 68 para reforzar tonalidades de 2º (libro de dictados 2 de Enclave Creativa)
                     nº 63 e 64 para reforzar en dictado rítmico de 2º (libro de dictados 2 de Enclave Creativa, estantería 7-126)

23/10/13

BIBLIOTECA PARA NAIS E PAIS DO ALUMNADO

Este ano comezamos unha nova actividade para por a disposición das nais e pais do alumnado do centro, algúns dos fondos de lectura da nosa  biblioteca e facer así moito máis divertida e fructífera a espera polas súas fillas e fillos.
Podedes ver as normas de utilización abrindo este documento.

22/10/13

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Durante o mes de outubro celébrase o mes internacional das bibliotecas escolares. O vindeiro día 28 será o día "forte". Achégate pola biblioteca que haberá moitas sorpresas. E todas as nais e pais están tamén invitadas a coñecer a nosa biblioteca nese día.

3/10/13

BIBLIOTECAS DIXITAIS

Iniciamos con esta entrada a recomendación de numerosas bibliotecas musicais dixitais, que podemos atopar na rede. Sen dúbida a máis nova pero tamén a máis impresionante (polo número de fondos) é a Bilbioteca musical Petrucci ou IMSLP (International Music Score Library Project). Nela atopamos unha inxente cantidade de obras especialmente anteriores ao século XX, con xoias como autógrafos ou primeiras edicións dos grandes compositores. Ainda que sen o encanto da nosa biblioteca "real", non deixedes de visitar esta marabilla "virtual"

Biblioteca Musical Petrucci

26/9/13

MÚSICA E POESÍA

Un video con fondo musical, na páxina do IES Pontepedrina de Santiago, que participa con nós no PLAMBE. Disfrutadeo!


Video

7/6/13

¡¡¡¡NO RECORTES NO!!!!

Ata os nenos coñecen a situación difícil pola que está pasando o noso país, mira o vídeo e únete á súa reivindicación!!!!

 Vídeo

16/4/13

Proxección da semana (do 15 ao 19 de abril)


J. S. Bach: Magnificat BWV 243, Cantatas BWV 61 e 147
Concentus Musicus Vienna
Dir.: Nikolaus Harnoncourt

Unha aproximación a tres das obras maestras de Bach a través dun dos grupos e directores máis importantes do panorama da música antiga.

Martes, mércores e xoves ás 17:15

9/4/13

David Bellas e Javier Jurado

O vindeiro martes 16 de abril, estarán connosco David Bellas, gaiteiro lucense e Javier Jurado, profesor de Historia da música e Organoloxía e director de Dos Acordes, editorial do libro que veñen presentarnos "24 estudos tonais para gaita de fol"ademáis das novidades da editorial
¡Non podedes faltar!


15/3/13

Proxección da semana (18-22 de Marzo)


Keeping Score - A Consagración da Primaveira, de Igor Stravinsky

Keeping Score é unha colección de DVDs didácticos onde o director Michael Tilson Thomas, á batuta da Orquestra Sinfónica de San Francisco, comenta e analiza a música e o contexto histórico das obras máis importantes do repertorio sinfónico.
Neste caso veremos un documental sobre unha das obras máis importantes, novidosas eorixinais de todo o século XX: A Consagración da Primaveira.


Martes, mércores e xoves ás 17:15

Cine Musical na Biblio: Programación

Todas as semanas,ata o 16 de maio, haberá unha proxección na Biblioteca relacionada coa música. ¡Non chas perdas! Consulta o horario nas imaxes a continuación, celebraránse os martes, mércores e xoves ás 17:15.


8/3/13

Escoitade con atención

Entrevista a Matilda Castro, maís coñecida como MATILDA DE LIMIÑOA, trátase dunha muller memoria viva da nosa música tradicional: canta, toca a pandeireta, baila e sabe comunicar todos eses saberes cunha claridade, frescura e naturalidade... envexable.
preme aquí