¡Benvid@s á Biblioteca do CMUS profesional de música de Vigo!

Non dubides en vir visitala. A parte dun entorno moi acolledor, todos os libros e partituras que atoparás nela son moi interesantes.

¡Un lugar ideal para pasar as horas mortas entre clase e clase!

27/5/14

MUSICAIS REPRESENTADOS

Na primeira semana de xuño, o alumnado de 1ºC D E e 2ºA B, vai representar as súas versións dos seguintes musicais:

  • Luns 2 ás 17:30        Rei León (1ºC)
  • Luns 2 ás 19             West side Story (1ºD)
  • Luns 2 ás 20:30        Pantasma da ópera (2ºA)
  • Martes 3 ás 17          Miserables (2ºB)
  • Martes 3 ás 18:30     Annie (1ºE)
  • Mércores 4 ás 17      Rei León
  • Mércores 4 ás 18:30 West side Story
  • Mércores 4 ás 20      Pantasma da ópera
  • Xoves 5 ás 16:30      Miserables
  • Xoves 3 ás 18           Annie

Dous pases de cada un, así que non volo podedes perder. Esperamos que vos gusten!!

16/5/14

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Mañá celébrase o día das letras galegas, que no conservatorio ocupou toda a semana cunha morea de actividades. Tal vez sexa o día indicado para repousarse un pouco, coller un bon libro (pode ter sido un dos que pediras prestado na nosa biblioteca) e disfrutar da súa lectura.

12/5/14

I MOSTRA TEATRAL-MUSICAL DO CLUBE ENXEÑAR

Un grupo de alumnas e alumnos de Linguaxe musical, crearon hai xa uns meses un grupo de lectura, escritura e interpretación no conservatorio chamado "ENXEÑAR".


O próximo mércores 14 de Maio ás 21 horas, teremos oportunidade de ver na biblioteca o resultado dos seus "enxeños". Unha obra de teatro musical (dirixida musicalmente pola profesora Ana Vaqueiro e teatralmente pola profesora Gloria Rodríguez), sobre a vida de J. S. Bach e que terá as seguintes personaxes:

  • Elisabeth Juliane Friederica (filla de J.S.Bach)+Johann Christoph (irman de J.S.Bach): Andrea Fernández Couto (1ºoboe)
  • J.S.Bach: Teresa Álvarez Prado (2ºviolín)
  • J.Ambrosius(pai de J.S.Bach)+J.F.Händell: Ruth Jones Vaqueiro (2ºviolonchelo)
  • Anxo que toca+Oculista español fictício: Marta Valtierra Pérez (1ºcontrabaixo)
  • Narrador+A.Vivaldi: Marta Taboada Pérez (2ºviolín)
  • Ana Magdalena Bach: Jimena Cabrera Álvarez (2ºpiano)
  • Johanna Carolina (filla de J.S.Bach)+cantante de Ave María: Silvia Taboada Pérez (2ºpiano)
  • Wilhelm Friedeman (fillo de J.S.Bach)+comentarista espontáneo: Mario Otero Padín (2ºpercusión)
Unha estrea mundial, así que non a podedes perder!!!

29/4/14

BIBLIOTECAS DIXITAIS #2


Biblioteca dixital Hispánica


Continuamos coas nosas bibliotecas dixitais. Neste caso presentamos as partituras dixitalizadas da BNE. Atopamos cousas tan interesantes como por exemplo o códice de Toledo das "Cantigas de Santa María" de Alfonso X ou "El Maestro" de Luys de Milan (primeiro libro publicado de música para vihuela), entre outras máis de 20.000 partituras.
Non deixes tampouco de explorar a colección de cilindros de cera coas primeiras gravacións realizadas a finais do século XIX.

22/4/14

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O mércores día 23 de Abril celébrase o día internacional do libro. Ven celebra-lo connosco. Achégate á biblioteca co teu carnet, realiza un préstamo (libro, partitura ou CD) e leva unha chapa de agasallo. Agardámoste!!

30/3/14

CONCERTO PIANO E VOZ DE LUCÍA GARCÍA

O vindeiro mércores 2 de Abril, terá lugar un concerto de piano e voz a cargo da alumna Lucía García Giráldez (titor: Fran Bouza). Será ás 18:30 e está aberto a alumnado, pais/nais do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, así como toda aquela persoa non pertencente ao centro que desexe asistir. Non faltedes!

Cartel de Santiago de Prado Saborido (2º de percusión)

26/3/14

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Este xoves 27 de Marzo celébrase o día mundial do teatro. Nada mellor que festexalo lendo "A culpa foi de Mozart" de Marcelino de Santiago editado por Xerais. Evidentemente está na nosa biblioteca co número de rexistro 1389, nos andeis de literatura xeral, apartado de teatro. Boa lectura!

18/3/14

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

O vindeiro venres 21 de Marzo, celébrase o día internacional da poesía. Por qué non festexalo lendo por exemplo "O que ben che quer" de Xosé María Álvarez Blázquez. Só tes que vir á biblioteca e atoparalo no apartado de "poesía" dentro dos estantes de literatura xeral, nunha fermosa edición con ilustracións de Berta Cáccamo, filla do poeta e a quen fora adicado o poemario. O número exterior é o 821.134.4-P cun grande "P" de poesía.
Boa lectura!!

6/3/14

ESCOITAS ESCOLLIDAS#2

Un musical diferente: as aventuras de dúas irmás totalmente pop e francesas, profesoras de música e de ballet. A súa canción de presentación, con música de Michel Legrand, non deixa lugar a dúbidas: estamos no ano 1965, e as mulleres non son modernas, son modernísimas: "As señoritas de Rochefort".



Suxerencia do profesor de Historia José Ángel Vilas.

25/2/14

DITADOS NA BIBLIOTECA/FEBREIRO

Se queres repasar a túa habilidade cos ditados antes do final do trimestre, aquí tes algunhas suxerencias:

- 1º Curso: 11, 12, 22 e 24 melódicos + 45 e 46 rítmicos do libro 1 de Enclave creativa (estantería linguaxe musical)

- 2º Curso: 18, 25, 26 e 28 melódicos + 33, 34 e 53 rítmicos do libro 2 de Enclave creativa (estantería linguaxe musical)

21/2/14

Día internacional da linguna materna

Hoxe 21 de Febreiro celébrase o día internacional da lingua materna. Aí van dúas recomendacións de lecturas da nosa biblioteca:

  • Para os/as galego falantes  un libro de Roberto Vidal Bolaño titulado "A ópera de a patacón" ubicada na nosa biblioteca en literatura xeral dentro do apartado de teatro, coa numeración exterior 821.134.4-T. Editorial Xerais.
  • Para os/as castelán falantes  un clásico, o anónimo "Lazarillo de Tormes" editado por Cátedra e ubicado en literatura xeral dentro do apartado do A, coa numeración exterior 821.134.2-N.
Boas lecturas

11/2/14

O ARQUIVO DE MÚSICA DE TUI

O vindeiro 25 de Febreiro, terá lugar na nosa biblioteca unha interesantísima conferencia a cargo do investigador e compositor Joam Trillo, sobre a música no arquivo da catedral de Tui. Non deixedes de asistir ás 19 horas.


4/2/14

ASOCIACIÓN ASPERGA

Charla 

"Coñece a un neno/a con síndrome de Asperger" a cargo da Asociación Asperga de Vigo

20 de Febreiro de 2014 ás 18:30 na Biblioteca 

para pais/nais e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, así como toda aquela persoa non pertencente ao centro que desexe asistir.
Trátase dunha charla a cargo de Luis Pérez Rivas, coordinador da Asociación Asperga de Vigo (Asociación de Familias de Persoas Afectadas pola Síndrome Asperger), que explicará qué é a síndrome de Asperger e cómo debemos actuar cun neno afectado pola mesma.

e a continuación

Concerto solidario Asperga. 

20 de Febreiro de 2014 ás 20 horas no Auditorio 

para o alumnado, pais/nais e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, así como toda aquela persoa non pertencente ao centro que desexe asistir.Trátase dun concerto solidario para recaudar fondos en favor da Asociación Asperga de Vigo. Participarán o alumnado de Linguaxe Musical cantando varias cancións, e o alumnado de banda junior tocando varias pezas baixo a dirección de Esteban Valverde.
Ana Vaqueiro é a coordinadora e Gloria Rodríguez como colaboradora dende a coordinación da Biblioteca. Blanca Vázquez será a pianista acompañante. 


Cartel de Noemí Rodríguez

30/1/14

ESCOITAS ESCOLLIDAS#1

Iniciamos unha nova sección do noso blog. Cada mes publicaremos unha proposta de escoita. Nesta primeira ocasión é a profesora Gloria Rodríguez Gil que nos propón esta marabillosa suite de Peer Gynt do compositor noruegués Edvard Grieg. Boa escoita!



21/1/14

DITADOS NA BIBLIOTECA /Xaneiro


Tes un momento libre? Nada máis divertido que pasarte pola biblio e facer algún que outro ditado. Aquí vai a lista que propón o departamento de Linguaxe musical para o mes de xaneiro.

1ºGrao Elemental:
- Ditados rítmicos 37,38,39 e 40 do libro 1º de Enclave Creativa
2ºGrao Elemental:
- Ditados rítmicos: 23 e 24
- Ditados melódicos en SolM: 15,16 e 17
3ºGrao Elemental:
- Ditados rítmicos 1,2 e 16 (o 16 en 6x8)
- Ditados melódicos en SolM, Mim, ReM e Sim: 3,4,17 e 18