¡Benvid@s á Biblioteca do CMUS profesional de música de Vigo!

Non dubides en vir visitala. A parte dun entorno moi acolledor, todos os libros e partituras que atoparás nela son moi interesantes.

¡Un lugar ideal para pasar as horas mortas entre clase e clase!

15/3/13

Proxección da semana (18-22 de Marzo)


Keeping Score - A Consagración da Primaveira, de Igor Stravinsky

Keeping Score é unha colección de DVDs didácticos onde o director Michael Tilson Thomas, á batuta da Orquestra Sinfónica de San Francisco, comenta e analiza a música e o contexto histórico das obras máis importantes do repertorio sinfónico.
Neste caso veremos un documental sobre unha das obras máis importantes, novidosas eorixinais de todo o século XX: A Consagración da Primaveira.


Martes, mércores e xoves ás 17:15

Cine Musical na Biblio: Programación

Todas as semanas,ata o 16 de maio, haberá unha proxección na Biblioteca relacionada coa música. ¡Non chas perdas! Consulta o horario nas imaxes a continuación, celebraránse os martes, mércores e xoves ás 17:15.


8/3/13

Escoitade con atención

Entrevista a Matilda Castro, maís coñecida como MATILDA DE LIMIÑOA, trátase dunha muller memoria viva da nosa música tradicional: canta, toca a pandeireta, baila e sabe comunicar todos eses saberes cunha claridade, frescura e naturalidade... envexable.
preme aquí