¡Benvid@s á Biblioteca do CMUS profesional de música de Vigo!

Non dubides en vir visitala. A parte dun entorno moi acolledor, todos os libros e partituras que atoparás nela son moi interesantes.

¡Un lugar ideal para pasar as horas mortas entre clase e clase!

23/10/13

BIBLIOTECA PARA NAIS E PAIS DO ALUMNADO

Este ano comezamos unha nova actividade para por a disposición das nais e pais do alumnado do centro, algúns dos fondos de lectura da nosa  biblioteca e facer así moito máis divertida e fructífera a espera polas súas fillas e fillos.
Podedes ver as normas de utilización abrindo este documento.

22/10/13

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Durante o mes de outubro celébrase o mes internacional das bibliotecas escolares. O vindeiro día 28 será o día "forte". Achégate pola biblioteca que haberá moitas sorpresas. E todas as nais e pais están tamén invitadas a coñecer a nosa biblioteca nese día.

3/10/13

BIBLIOTECAS DIXITAIS

Iniciamos con esta entrada a recomendación de numerosas bibliotecas musicais dixitais, que podemos atopar na rede. Sen dúbida a máis nova pero tamén a máis impresionante (polo número de fondos) é a Bilbioteca musical Petrucci ou IMSLP (International Music Score Library Project). Nela atopamos unha inxente cantidade de obras especialmente anteriores ao século XX, con xoias como autógrafos ou primeiras edicións dos grandes compositores. Ainda que sen o encanto da nosa biblioteca "real", non deixedes de visitar esta marabilla "virtual"

Biblioteca Musical Petrucci