¡Benvid@s á Biblioteca do CMUS profesional de música de Vigo!

Non dubides en vir visitala. A parte dun entorno moi acolledor, todos os libros e partituras que atoparás nela son moi interesantes.

¡Un lugar ideal para pasar as horas mortas entre clase e clase!

30/3/14

CONCERTO PIANO E VOZ DE LUCÍA GARCÍA

O vindeiro mércores 2 de Abril, terá lugar un concerto de piano e voz a cargo da alumna Lucía García Giráldez (titor: Fran Bouza). Será ás 18:30 e está aberto a alumnado, pais/nais do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, así como toda aquela persoa non pertencente ao centro que desexe asistir. Non faltedes!

Cartel de Santiago de Prado Saborido (2º de percusión)

26/3/14

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Este xoves 27 de Marzo celébrase o día mundial do teatro. Nada mellor que festexalo lendo "A culpa foi de Mozart" de Marcelino de Santiago editado por Xerais. Evidentemente está na nosa biblioteca co número de rexistro 1389, nos andeis de literatura xeral, apartado de teatro. Boa lectura!

18/3/14

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

O vindeiro venres 21 de Marzo, celébrase o día internacional da poesía. Por qué non festexalo lendo por exemplo "O que ben che quer" de Xosé María Álvarez Blázquez. Só tes que vir á biblioteca e atoparalo no apartado de "poesía" dentro dos estantes de literatura xeral, nunha fermosa edición con ilustracións de Berta Cáccamo, filla do poeta e a quen fora adicado o poemario. O número exterior é o 821.134.4-P cun grande "P" de poesía.
Boa lectura!!

6/3/14

ESCOITAS ESCOLLIDAS#2

Un musical diferente: as aventuras de dúas irmás totalmente pop e francesas, profesoras de música e de ballet. A súa canción de presentación, con música de Michel Legrand, non deixa lugar a dúbidas: estamos no ano 1965, e as mulleres non son modernas, son modernísimas: "As señoritas de Rochefort".



Suxerencia do profesor de Historia José Ángel Vilas.